Alfonso Daniel Rodríguez CastelaoXunta de Galicia
En palabras de A. D. Rodríguez Castelao, todo idioma é unha fonte de arte, o vehículo de expresión da alma orixinal dun pobo. Aquí ofrécese a historia da lingua na que expresaron a súa vontade creadora as persoas que habitaron Galicia durante o último milenio.
Foro do Bo Burgo de Castro Caldelas (1228)Fuente original: https://commons.wikimedia.org/wiki/File:ForoBoBurgo.jpg
As orixes
O galego é unha lingua románica, resultado da evolución do latín introducido polos soldados romanos no noroeste da Península Ibérica a partir do século I d. C. Pódese falar da existencia do galego, como lingua distinta do latín, desde o século IX.
Parchment Vindel: manuscript of the cantigas de amigo by Martín Códax (13th Century)Fuente original: The Morgan Library & Museum
A consolidación do galego como lingua culta
Coincidindo co momento de esplendor das peregrinacións xacobeas durante a Idade Media, prodúcese a paulatina consolidación do galego como lingua escrita. Nesta etapa, os territorios de Galicia e Portugal formaban parte da área lingüística galego-portuguesa.
Galician-Portuguese lyrical poetry with profane themesXunta de Galicia
As primeiras manifestacións escritas conservadas
A cantiga «Ora faz ost’o senhor de Navarra» (1196) e o manuscrito denominado «Noticia do Torto» (1212) son os escritos máis antigos dos que se ten constancia. Estes e outros textos coetáneos supoñen un primeiro ensaio para fixar gramaticalmente a lingua neolatina.
The Cantigas of Santa MariaXunta de Galicia
O galego, vehículo de expresión da creatividade humana
Da escola lírica galego-portuguesa conservamos unhas 1650 cantigas, proba do vigor deste neorromance. Afonso X escribirá en galego-portugués, e será no seu scriptorium onde se compoñerán, nesta lingua, as Cantigas de Santa María, un colosal monumento literario.
LIFE Photo Collection
Os Séculos Escuros (XVI-XVIII), un período de ausencias
Terminada a Idade Media, e sobre todo a partir do século XVI, impoñerase un novo contexto político e social en Galicia que someterá a lingua galega a unha total ausencia nos usos formais e cultos, aínda que se manterá viva e vigorosa nos ámbitos orais e populares.
Fray Martín SarmientoXunta de Galicia
En defensa e ilustración da lingua galega
No s. XVIII, comezan a alzarse voces que, influídas polos ideais da Ilustración, denuncian a situación marxinal do galego. Frei Martín Sarmiento, unha das figuras relevantes deste período en España, reivindicará o seu uso na instrución escolar e na creación literaria.
Exhibition on Rosalía de Castro (2016)Fuente original: Axencia Turismo de Galicia
O Rexurdimento, unha etapa de revitalización
Trátase do movemento de renovación cultural que tivo lugar na segunda metade do s. XIX. Figura egrexia deste momento é Rosalía de Castro, quen publica o libro de poemas Cantares Gallegos (1863), a primeira obra contemporánea escrita integramente en lingua galega.
Promotional poster of the 1936 Statute of Galicia (1936) de Camilo Díaz BaliñoXunta de Galicia
A conquista da normalidade social
No s. XX, o galego recupera os ámbitos de uso culto, grazas a entidades como as Irmandades da Fala, o Grupo Nós ou o Seminario de Estudos Galegos. Estes avances cristalizarán coa súa oficialización no estatuto de autonomía, aprobado en plebiscito en 1936.
Law of Linguistic NormalizationXunta de Galicia
Unha lingua de pleno dereito
O galego coñecerá os maiores avances no seu status social e político tras a desaparición da ditadura en 1975. A aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia en 1981 e a da Lei de Normalización Lingüística en 1983 constitúen dous fitos históricos especialmente relevantes.
Plaza de Abastos of Santiago de Compostela (1941)Xunta de Galicia
O galego na sociedade actual
Hai 2.700.000 persoas censadas en Galicia, e case dous millóns úsano nas súas interaccións cotiás. Está presente no sistema educativo, onde hai implantado un modelo bilingüe, así como na Administración, nas universidades, en Internet, no comercio etc.
Aerial view of Ribadeo and the mouth of the river Eo (2020)Xunta de Galicia
Do local ao universal
Hoxe, fálase en Galicia e nas áreas máis occidentais do Principado de Asturias e da Comunidade Autónoma de Castela e León. Permanece vivo na comunidade galega emigrante e é obxecto de estudo e aprendizaxe en 36 universidades de 16 países de América e Europa (incluída España).
Galician dictionaries (2021)Fuente original: Secretaría Xeral de Política Lingüística. Xunta de Galicia
Unha lingua do século XXI
Malia que é unha lingua que presenta unha notable homoxeneidade, posúe variedades formais de natureza territorial. Distínguense tres áreas dialectais: oriental, central e occidental. Da fixación do galego estándar ocúpase a Real Academia Galega, fundada en 1906.
Tui International Bridge over the Miño River (2020)Xunta de Galicia
A vinculación coa lusofonía
Galicia mantén, de sempre, fortes vencellos con Portugal, e é a lingua o máis evidente de todos eles. Isto permite reforzar a proxección internacional do galego e atinxir unha vantaxe competitiva en ámbitos como poden ser a cultura ou a economía.
¿Te interesa Science?
Recibe novedades con tu Culture Weekly personalizado
¡Todo listo!
Tu primer Culture Weekly llegará esta semana.