Pilgrims (2013)Fuente original: Axencia Turismo de Galicia
As primeiras décadas do século XXI destacan na historia do Camiño polo carácter universal da peregrinación, con persoas procedentes de case todos os países do mundo e pertencentes a diferentes culturas, sociedades e relixións dirixíndose a Compostela.
Pilgrims observing Cape Fisterra from Punta de Sardiñeiro (2020)Xunta de Galicia
Únelles un xeneralizado sentimento de participación nun movemento popular, solidario, pacífico e profundamente humano. Este movemento impulsou en Galicia as dez rutas de peregrinación a Compostela oficialmente recoñecidas. Acompáñanos a coñecelas!
As 10 rutas do Camiño de Santiago en Galicia
Parten desde todos os puntos cardinais para confluír en Compostela ou chegar ata o cabo do fin do mundo.
Medieval bridge of Ribadiso (2020)Xunta de Galicia
1. Camiño Francés
Para a maioría de peregrinos é o Camiño por excelencia, o itinerario xacobeo con maior tradición histórica e o máis recoñecido internacionalmente. O Camiño Francés adquire un trazado preciso en Francia a través de catro vías principais que xa aparecen descritas no século XII no Códice Calixtino.
Or Cebreiro (2013)Fuente original: Axencia Turismo de Galicia
Esas vías convértense en dúas ao entrar en España a través de Roncesvalles e Somport, e conflúen nunha soa a partir de Puente la Reina. Atravesa localidades tan significativas como Santo Domingo de la Calzada, Burgos e León, para entrar en Galicia pola simbólica aldea do Cebreiro.
Monumental ensemble of Soutomerille (2020)Xunta de Galicia
2. Camiño Primitivo
Trátase probablemente da ruta de peregrinación máis antiga, ao ser empregada pola corte de Oviedo e os primeiros peregrinos procedentes da capital do Reino de Asturias no século IX. Atraeu tamén peregrinos doutras partes do norte de España e de Europa.
Period latticework of the Asturian king Alfonso III (866-910), in the church of Soutomerille (866-910)Fuente original: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
Da importancia desta ruta dan testemuño os vestixios de moitos hospitais de atención ao peregrino. En San Salvador de Soutomerille (Castroverde) atópase un documento pétreo da época de Afonso III: unha celosía da igrexa orixinal, de finais do século IX ou principios do X.
The Way as it passes through San Breixo de Parga (2020)Xunta de Galicia
3. Camiño do Norte
Este camiño discorre principalmente en paralelo á costa do Cantábrico. É coñecido desde o século XII e tivo moita actividade a partir da baixa Idade Media. Por el pasaban devotos de todo o norte da Península Ibérica e doutros territorios como Inglaterra, Flandes, Alemaña ou Escandinavia, que en moitos casos desembarcaban nos numerosos portos da ruta.
Monastery of Santa María de Sobrado dos Monxes (12th-17th Centuries)Xunta de Galicia
Entra en Galicia a través de Ribadeo e descende en diagonal directamente cara a Santiago de Compostela, aínda que actualmente existe tamén a posibilidade de desembocar no Camiño Francés en Arzúa. Cruza lugares emblemáticos como a cidade de Mondoñedo e o mosteiro cisterciense de Sobrado, que atende os peregrinos do Camiño Norte desde a Idade Media.
Pontevedra and the Pontevedra estuary, aerial view (2020)Xunta de Galicia
4. Camiño Portugués
Desde o século XII, nobres, clérigos e monarcas como Isabel de Portugal e Manuel I peregrinaron desde terras portuguesas a Compostela e asentaron unha gran devoción xacobea. En momentos de menor afluencia de peregrinacións, como no século XIX, esta foi a ruta máis numerosa.
Cathedral of Santa Maria de Tui (11th-18th Centuries)Xunta de Galicia
Na actualidade é a segunda ruta en número de peregrinos. Tras pasar por Lisboa, Coimbra e O Porto entra en Galicia a través de Tui. Do rico patrimonio cultural que atesoura esta ruta é boa mostra a catedral desta localidade fronteiriza, edificio pioneiro do gótico na península.
Castro de Santa Trega and A Guarda (2020)Xunta de Galicia
5. Camiño Portugués da Costa
Esta variante do Camiño Portugués percorre o tramo entre O Porto e Redondela pegada á costa do Atlántico. Desde a localidade portuguesa de Caminha cruza a desembocadura do Miño ata A Guarda, para logo atravesar Baiona e Vigo antes de enlazar coa ruta central.
Ferrol estuary (2021)Xunta de Galicia
6. Camiño Inglés
O chamado Camiño Inglés recolleu nos séculos XIV e XV boa parte da corrente da peregrinación marítima. Aos portos do norte de Galicia chegaban devotos noruegueses, suecos, daneses, finlandeses, islandeses e sobre todo, ingleses, escoceses, irlandeses e flamencos.
Rúa do Cristo, Betanzos (2021)Xunta de Galicia
O tramo terrestre desta ruta pódese iniciar actualmente desde dous portos: A Coruña (73 km) ou Ferrol (112,5 km). Esta segunda variante chega á histórica cidade de Betanzos, antes de que ambas as dúas variantes se unan na localidade de Bruma, a 40 km de Compostela.
View of Val de Lemos from outside the monastery of San Vicente do Pino (15th Century)Xunta de Galicia
7. Camiño Mozárabe
O Camiño Mozárabe prolonga a calzada romana chamada Vía da Prata, que unía Augusta Emerita (Mérida) con Asturica Augusta (Astorga). Na segunda metade do século XIII este itinerario comeza a ser utilizado polos peregrinos procedentes do sur da península.
Allariz, aerial view (2021)Xunta de Galicia
Algúns camiñantes seguían ata Astorga, enlazando co Camiño Francés; outros se desviaban por Puebla de Sanabria ou polo noroeste de Portugal cara a Verín. En ambos os casos a súa ruta atravesaba a provincia de Ourense, desde onde actualmente os peregrinos proseguen pola comarca do Deza e as terras do Ulla o seu camiño cara a Santiago.
The Sil river as it passes through A RúaXunta de Galicia
8. Camiño de Inverno
Hoxe chamamos Camiño de Inverno á alternativa de acceso a Galicia polo val do río Sil, desviándose desde o Camiño Francés cara ao sur a partir de Ponferrada. En períodos climáticos caracterizados polo descenso da temperatura, esta entrada natural, que discorre sempre a baixa altitude, foi preferible ao acceso polo alto do Cebreiro.
Vineyards in the Valdeorras region (2021)Xunta de Galicia
A ruta actual parte de Las Médulas, Patrimonio da Humanidade, e atravesa comarcas de enorme valor paisaxístico, salpicadas de románico e viñedos, como as de Valdeorras, Terra de Lemos e parte de Ribeira Sacra. Esta última comarca foi declarada pola UNESCO como Reserva da Biosfera, xunto coas serras do Oribio e do Courel, e é candidata a incorporarse á lista de Patrimonio da Humanidade.
Bateas in the Arousa estuary (2020)Fuente original: Axencia Turismo de Galicia
9. Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla
Esta ruta moderna evoca o treito final da translación por mar dos restos de Santiago o Maior desde o porto de Jaffa, en Palestina, ata Iria Flavia, sede episcopal no momento do descubrimento da tumba do Apóstolo.
West Towers (12th Century)Fuente original: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
Desde 1965, cada verán organízase unha vistosa procesión marítimo-fluvial que percorre os 17 cruceiros situados en ribeiras e illotes da ría, o único vía crucis marítimo do mundo. Nesta costa atópanse as Torres de Oeste, fortaleza de orixe romana que os bispos composteláns foron ampliando nos séculos XI e XII para defender Santiago das incursións por mar.
Cape Fisterra, aerial view (2020)Xunta de Galicia
10. Camiño de Fisterra e Muxía
A última ruta ten a peculiaridade de non dirixirse a Compostela, senón que parte desta cidade. O Camiño de Fisterra e Muxía leva os peregrinos ata a fin do mundo, fronteira física e simbólica co alén.
The pilgrim's boot. Cape Fisterra (2013)Fuente original: Axencia Turismo de Galicia
Despois de concluír a peregrinación na catedral compostelá, moitos peregrinos, desde a Idade Media, continuaban o seu percorrido ata os santuarios do Santo Cristo de Fisterra e da Nosa Señora da Barca (Muxía). Nos seus cantís situábase o confín occidental do mundo coñecido para a civilización cristiá medieval.
¿Te interesa Viajes?
Recibe novedades con tu Culture Weekly personalizado
¡Todo listo!
Tu primer Culture Weekly llegará esta semana.