Castelo de Pambre

Aventúrate nesta fortaleza inexpugnable que vixía o Camiño Francés

Pambre Castle (1375)Xunta de Galicia

En Palas de Rei (Lugo), a 68 km de Compostela, unha fortaleza vixía o Camiño Francés: é o castelo de Pambre.

Castle of Pambre (1375)Xunta de Galicia

No século XV recibiu a instrución real de custodiar o Camiño, iniciando unha estreita relación coa ruta xacobea que continúa hoxe en día. Por que é especial este castelo? Na turbulenta Baixa Idade Media atopamos a resposta.

Castle of Pambre, interior (1375)Xunta de Galicia

A Gran Guerra Irmandiña

En Galicia atopamos un bo número de castelos e fortalezas de orixe medieval. No século XV, Galicia protagonizou a maior revolta da Europa medieval: a Gran Guerra Irmandiña. Tivo lugar entre os anos 1467 e 1469, período no que a poboación se rebelou contra a nobreza.

Views from the Castle of Pambre (1375)Xunta de Galicia

Varias irmandades (similares ás actuais milicias urbanas) organizáronse e asaltaron as torres e fortalezas de Galicia. Caeron todas, moitas delas derrubadas ata os cimentos.

Castro Caldelas Castle (1336)Fuente original: Wikimedia Commons

A maioría dos castelos reconstruíronse nos anos seguintes, como os de Soutomaior, Nogueirosa ou Castro Caldelas, o cal se pode ver nesta imaxe.

Possible reconstruction of the castle of Rocha Forte (2014)Fuente original: rochaforte.santiagodecompostela.gal

Outros nunca se volveron a reedificar. É o caso do castelo de Rocha Forte, en Compostela, propiedade dos arcebispos de Santiago.

Current state of the castle of Rocha ForteFuente original: Consello da Cultura Galega

Este castelo, en uso desde 1240 ata 1467, era posiblemente a maior fortaleza de Galicia e foi destruída por completo polos composteláns durante a Segunda Guerra Irmandiña.

Pambre Castle (1375)Xunta de Galicia

Pero realmente caeron todos os castelos? Non. Houbo un que resistiu os ataques e gañou a fama de inexpugnable: o castelo de Pambre.

Castle of Pambre, interior (1375)Xunta de Galicia

O castelo de Pambre

Este castelo próximo a Palas de Rei está considerado o mellor exemplo de arquitectura medieval de Galicia. Foi construído por Gonzalo Ozores de Ulloa en torno ao ano 1375.

Pambre Castle (1375)Xunta de Galicia

Ten planta cadrada e está cercado por unha gran muralla de planta irregular que se adapta ao escarpado terreo.

Pambre Castle Tribute Tower (1375)Xunta de Galicia

O edificio principal dun castelo é a torre da homenaxe. No caso de Pambre, trátase dunha torre cadrada flanqueada por outras catro, tamén cadradas.

Pambre Castle (1375)Xunta de Galicia

O conxunto complétano outras edificacións, entre elas un hórreo, destinado ao almacenamento de cereais e unha capela do século XII.

Pambre Castle (1375)Xunta de Galicia

O castelo de Pambre está situado estratexicamente no centro de Galicia. O control visual que exercía sobre Palas de Rei permitía vixiar o paso a través do Camiño Francés.

Pambre Castle (1375)Xunta de Galicia

En 1478, o rei Fernando o Católico ordena protexer os peregrinos en Galicia. O castelo asume a función de custodia do Camiño e de cobranza de portádegos para controlar o tránsito de persoas e mercadorías.

Visitors at Pambre Castle (1375)Xunta de Galicia

Na actualidade, mantense a vinculación entre o castelo e o Camiño: pola súa proximidade xeográfica á ruta xacobea moitos peregrinos se desvían para visitar esta fortaleza.

Castle of Pambre, interior (1375)Xunta de Galicia

Restaurado pola Xunta de Galicia, e máis de seis séculos despois da súa construción, segue lucindo tenaz e inquebrantable como exemplo perfecto da arquitectura defensiva medieval. 

Créditos: todos los contenidos multimedia
En algunos casos, el reportaje destacado es obra de un tercero independiente y no siempre representa los puntos de vista de las instituciones indicadas a continuación, que son las que han proporcionado el contenido.
Ver más
Tema relacionado
¡Buen Camino!
Join Europe's iconic pilgrimage routes along the Camino de Santiago.
Ver monográfico

¿Te interesa Travel?

Recibe novedades con tu Culture Weekly personalizado

¡Todo listo!

Tu primer Culture Weekly llegará esta semana.

Aplicacións de Google