O Camiño Inglés en Galicia

Descubre unha das rutas a Santiago máis singulares: unha vía por terra… e mar!

Ría de A Coruña from the lighthouses of Mera (2021)Xunta de Galicia

O coñecido como "Camiño Inglés" desenvolveuse durante a Idade Media. Os peregrinos de toda Europa, especialmente da vertente atlántica do continente, realizaban a súa travesía en barco desde o porto máis cómodo segundo o seu lugar de residencia, para desembarcar directamente na Península Ibérica.

Tower of Hercules (2nd Century)Xunta de Galicia

Un dos puntos principais de desembarco eran os portos da costa norte de Galicia, especialmente o da Coruña. Despois seguían ruta por terra ata Compostela. Os peregrinos procedentes de Inglaterra foron, probablemente, os maiores usuarios desta ruta, de aí a denominación actual.

Ferrol estuary (2021)Xunta de Galicia

Desde finais do século XX, a gran maioría dos peregrinos que elixen esta ruta realizan o seu Camiño só por terra, partindo das cidades da Coruña ou Ferrol. Ambas as dúas variantes conflúen nas proximidades do actual albergue de Bruma, a 40 km de Santiago.

Port of A Coruña (2021)Xunta de Galicia

Desde A Coruña

A Coruña foi un gran porto xacobeo ao longo da historia. A visión que máis ansiaban os peregrinos era a da Torre de Hércules, o faro de orixe romana que anunciaba o final da súa perigosa travesía marítima.

Porta do Parrote, wall of A Coruña (2021)Xunta de Galicia

O porto coruñés do Parrote era o lugar de desembarco. Para acceder a terra debían cruzar as portas da muralla defensiva da cidade. Actualmente o Camiño Inglés desde A Coruña parte desta porta, que conserva o nome do vello porto, hoxe desaparecido.

Church of Santiago in A Coruña (12th Century)Fuente original: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo

A igrexa de Santiago, antigamente situada ao carón do porto, seguramente era o lugar onde os peregrinos agradecían ao Apóstolo terminar a súa viaxe a salvo. Na imaxe, as figuras dos apóstolos Santiago e San Xoán flanqueando a porta de acceso.

Church of Santiago de A Coruña (12th Century)Xunta de Galicia

Este templo, iniciado no século XIII, é o principal testemuño xacobeo na cidade. O seu interior lembra aínda a forte carga da peregrinación a Compostela durante séculos.

Sculpture of Santiago el Mayor (12th Century)Fuente original: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo

No seu interior consérvase tamén esta imaxe de Santiago do século XIV, moi similar á que os peregrinos abrazan na catedral compostelá. Simbolicamente era un sinal de chegar á “terra de Santiago”.

Galleries on Avenida de la Marina in A Coruña (2021)Xunta de Galicia

Os peregrinos ingleses probablemente iniciaban o seu camiño a Santiago na igrexa medieval de San Xurxo, hoxe desaparecida, porque este santo é, desde o século XIV, patrón de Inglaterra.

A ría do Burgo foi tamén lugar de desembarco de peregrinos, sobre todo ata o século XIII, momento en que asume esta función o porto coruñés. Na imaxe apreciamos a ría do Burgo desde o actual Camiño Inglés.

Church of Santiago do Burgo (12th Century)Xunta de Galicia

No Burgo atópase outra igrexa medieval dedicada ao apóstolo Santiago, que tamén parece lembrarnos o uso xacobeo deste enclave. O actual Camiño Inglés pasa xunto a este templo románico.

Un punto de especial interese do Camiño Inglés desde A Coruña é Sigrás, antigo lugar de parada na ruta a Compostela. Lémbrannolo a súa igrexa de Santiago e mais a actual casa reitoral, que na Idade Media foi hospital de peregrinos.

Ferrol estuary (2021)Xunta de Galicia

Desde Ferrol

A ría e o porto de Ferrol tamén serían puntos de desembarco xacobeo desde a Idade Media. Desde esta urbe, os peregrinos actuais teñen 113 km por diante ata a catedral de Santiago.

Monastery of San Martiño do Couto (12th Century)Xunta de Galicia

Pouco despois de deixar atrás a aglomeración urbana de Ferrol, os peregrinos chegan ao mosteiro medieval de San Martiño de Xubia, un dos grandes conxuntos monásticos do Camiño Inglés.

Pontedeume and estuary of Ares (2021)Xunta de Galicia

O camiño avanza cara a Betanzos a través da ponte de orixe medieval de Pontedeume. Nel houbo un pequeno hospital de peregrinos, hoxe desaparecido, que lembra a relevancia que tivo esta infraestrutura para facilitar a peregrinación a Santiago.

Como outras rutas a Compostela, este Camiño tamén dispón dun santuario dedicado á Virxe Peregrina: Nosa Señora do Camiño. Orixinado no século XVI, tivo hospital de peregrinos e está situado pouco antes da cidade de Betanzos.

Hermanos García Naveira square in Betanzos (2021)Xunta de Galicia

Betanzos é o principal núcleo do Camiño Inglés desde Ferrol. As súas igrexas de Santiago, Santa María e San Francisco forman parte dun dos máis destacados conxuntos históricos de Galicia. O seu Museo das Mariñas posúe obras de orixe xacobea.

Doorway of the church of Santiago de Betanzos (2021)Xunta de Galicia

A portada da igrexa de Santiago de Betanzos posúe un orixinal tímpano medieval que representa ao apóstolo Santiago tras liberar os cristiáns do lendario tributo das cen doncelas, que debían entregar aos musulmáns.

Pilgrim's hostel in Bruma (2021)Xunta de Galicia

De Bruma a Santiago

Pouco antes do Hospital de Bruma, a 40 km de Santiago, únense os dous ramais do Camiño Inglés da Coruña e de Ferrol.

Hermitage of San Lorenzo in Bruma (2021)Xunta de Galicia

Ao parecer, na Idade Media era moi perigoso atravesar esta zona, razón pola que se fundou un hospital para os peregrinos, do cal se conserva a capela.

Pilgrim's hostel of Poulo (2021)Xunta de Galicia

O Camiño Inglés dispón actualmente dunha rede de albergues para peregrinos en todo o seu percorrido, tanto públicos como privados. Son un exemplo da hospitalidade tradicional xacobea. Na imaxe, o albergue de Poulo (Ordes), lugar onde Cosme III de Medici detivo o seu séquito en 1669 durante a súa peregrinación a Santiago.

Bridge over the Tambre river in Sigüeiro (2012)Fuente original: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo

Por esta ruta se espallan distintas pontes históricas. Unha das máis significativas é a ponte sobre o río Tambre en Sigüeiro, de orixe medieval. Está a só 16 km de Santiago e segue en uso actualmente para o tráfico rodado.

O Camiño Inglés, a pesar de discorrer por zonas moi humanizadas, ofrece paisaxes dunha gran beleza. Un dos mellores exemplos atopámolo nas proximidades de Santiago. Un longo tramo boscoso que combina a total soidade con todo tipo de momentos inspiradores.

Church of San Martiño Pinario (1590)Xunta de Galicia

Esta ruta entra na cidade histórica de Santiago de Compostela pola Porta da Pena, un dos accesos da antiga muralla medieval. Continúa pola rúa do mesmo nome cara ás prazas de San Martiño e A Inmaculada, ata desembocar na catedral.

Pilgrims in Santiago de Compostela (2007)Fuente original: Axencia Turismo de Galicia

Hoxe, coma onte, os pasos dos peregrinos que percorren o Camiño Inglés finalizan na basílica compostelá. Un traxecto oceánico e continental que representa de xeito excepcional a universalidade do Camiño.

Créditos: todos los contenidos multimedia
En algunos casos, el reportaje destacado es obra de un tercero independiente y no siempre representa los puntos de vista de las instituciones indicadas a continuación, que son las que han proporcionado el contenido.
Ver más
Tema relacionado
¡Buen Camino!
Join Europe's iconic pilgrimage routes along the Camino de Santiago.
Ver monográfico

¿Te interesa Viajes?

Recibe novedades con tu Culture Weekly personalizado

¡Todo listo!

Tu primer Culture Weekly llegará esta semana.

Aplicacións de Google