Prepárate ben
Debes prepararte antes de iniciar o Camiño de Santiago: fai camiñadas as semanas previas, adestramentos que irás aumentando gradualmente en tempo e dificultade.
Pilgrims (2005)Fuente original: Axencia Turismo de Galicia
Adéstrate ben
Para facer o Camiño a pé é moi importante o tempo dedicado ao adestramento previo. Este debe realizarse preferentemente en terreos con subidas e baixadas que preparen os nosos músculos para a peregrinación.
Pilgrims on foot on the French Way to Santiago (2020)Fuente original: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
Non esquezas os exercicios de estiramento
O adestramento previo e diario mediante camiñadas cada vez máis longas debe ir parello á realización de exercicios de estiramento e quecemento, que han de ser constantes mentres se está facendo o Camiño.
Pilgrim consulting a guide (2020)Fuente original: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
Planifica as etapas
Planifica as etapas e a forma de facelas de xeito personalizado. Que o Camiño se adapte ás túas capacidades físicas e aos teus obxectivos. Dosifica o esforzo e segue o teu propio ritmo. O Camiño non é unha carreira. Tan importante é o traxecto como a meta.
Leva o necesario
Carga a túa mochila co básico e imprescindible, sen sobrecargala.
Pilgrimage credential (2020)Fuente original: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
A credencial
Permite o acceso aos albergues e serve como certificación do percorrido realizado para solicitar, ao final da túa peregrinación, a Compostela.
Pilgrims at the Pilgrim's Reception Office (2021)Xunta de Galicia
Podes obter a túa credencial no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino en Santiago de Compostela, na sede de confrarías de peregrinos, en albergues e nas parroquias. Tamén a través das asociacións de amigos do Camiño de Santiago repartidas por todo o mundo.
Pilgrim backpacks (2021)Xunta de Galicia
A mochila
Unha mochila correctamente cargada para este tipo de actividade non debe exceder os 10 kg de peso. Tamén é importante que conte con sistemas de protección nas correas para impedir as rozaduras na pel. Debe ser cómoda, facilmente adaptable e lixeira.
Pilgrim backpack (2021)Xunta de Galicia
O equipamento persoal
Débese levar pouca roupa, adaptada á estación, con tecidos illantes, gorros durante todo o ano (ben para o sol, ben para o frío) e un bordón, é dicir, un bastón de apoio para o camiño.
Sleeping bag (2021)Xunta de Galicia
Algúns elementos básicos que non deberías esquecer son: un saco de durmir, calzado para o descanso, unha cantimplora, crema con protección solar alta, unha pequena caixa de primeiros auxilios, móbil con cargador e a túa documentación.
Blisters cream (2021)Xunta de Galicia
A caixa de urxencias
A nosa pequena caixa de primeiros auxilios deberá conter o indispensable para o coidado dos pés e a protección da pel. Se o espazo o permite, podemos engadir algunha crema antiinflamatoria, un analxésico e algún outro básico (por exemplo antiácidos) en función da nosa caixa de primeiros auxilios habitual no fogar.
En marcha
A pé ou en bicicleta, mide os teus esforzos e circula con precaución
Pilgrims on foot on the French Way (2011)Fuente original: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
A pé...
O inicio da marcha debe ser sempre suave e rítmico. A marcha debe manterse regular e continua. O ritmo da camiñada debe permitirche manter unha conversa sen esforzo.
Pilgrim on foot on the Camino del Norte (2011)Fuente original: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
En estradas circula pola esquerda e, se existe, pola beiravía. Utiliza elementos luminosos ou reflectores. Se circulas en grupo por estrada, faino en ringleira individual.
Pilgrim on a bicycle (2008)Fuente original: Axencia Turismo de Galicia
... ou en bicicleta
Se fas o Camiño en bicicleta, procura que sexan etapas de entre 60 e 100 km.
Pilgrims by bicycle on the Camino de Fisterra-Muxía (2011)Fuente original: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
En bicicleta debes circular pola dereita da estrada e usando a beiravía. Os grupos deben ir en columna de dous en dous e sempre preto da beiravía.
Cóidate durante o Camiño
Coida os teus pés, descansa e aliméntate ben para poder gozar da experiencia.
Pilgrim tying his boot (2021)Xunta de Galicia
Coida os teus pés
A limpeza da pel e a hixiene nos pés son fundamentais. O lavado en auga moi fría (mesmo con xeo) pode aliviar o peso da camiñada. Os calcetíns deben ser preferentemente de algodón e sen costuras. Nunca inicies o Camiño con calzado por estrear.
Pilgrims in Ribadiso (2011)Fuente original: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
Aproveita os descansos
As características da etapa poden requirir refrescar os pés con máis frecuencia, para o que podes aproveitar as pequenas paradas ou descansos. É importante que seques os pés moi ben, preferiblemente ao aire.
Pilgrim drinking (2021)Xunta de Galicia
Hidrátate
A hidratación é fundamental para a realización das etapas do Camiño. Debes tomar líquidos, antes, durante e despois da camiñada, ademais de inxerir alimentos que acheguen hidratación ao teu organismo.
Pilgrim eating a snack (2021)Xunta de Galicia
Come en cantidades pequenas
As comidas deben ser pouco copiosas e adecuadas ao exercicio que vas facer. Aproveita as paradas para beber e comer algo en cantidades pequenas.
Pilgrims resting (2008)Fuente original: Axencia Turismo de Galicia
Non alongues os descansos
Os descasos non deben prolongarse en exceso. 5 ou 10 minutos de parada son suficientes.
Stop on the French Way (2011)Fuente original: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
Os descansos en bici, fóra da estrada
Se vas en bicicleta, os descansos serán pouco frecuentes e de curta duración. Pola túa seguridade, detente sempre fóra da estrada e da beiravía.
Santiago's road (2018)Fuente original: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
Ademais de coidarte ti, non esquezas coidar a contorna: non ensucies nin tires lixo no Camiño. Hai colectores de lixo en cada pobo para depositar os desperdicios. Protexe esta ruta milenaria que se estende diante túa. Non deixes recordos do teu paso. Ese será o teu mellor legado xacobeo.
¿Te interesa Manualidades?
Recibe novedades con tu Culture Weekly personalizado
¡Todo listo!
Tu primer Culture Weekly llegará esta semana.