De Xunta de Galicia
Asociación Protectora de Animais do Camiño
Michi with Kimiko, Tamano and Hiroko, the day of the reunionFuente original: APACA
Descubre a historia de amor, amizade e solidariedade xurdida cando un peludo abandonado no Camiño de Santiago se atopa con dúas peregrinas xaponesas que deciden parar e auxilialo.
Michi on the CaminoFuente original: APACA
O encontro
En maio de 2019, Kimiko Uchii e Tamano Hayashi atopábanse realizando o Camiño Francés cando, á altura de Portomarín, un pastor catalán, esmirrado e exhausto, se lles achegou cauteloso implorando algo para comer. Era a primeira vez que o vían e as mulleres non dubidaron en axudalo. Ao día seguinte, o peludo uníuselles á marcha.
Michi, recovered and safe at APACAFuente original: APACA
Ao chegar á localidade de Palas de Rei, xa por entón moi preocupadas, as peregrinas falaran con decenas de persoas, veciñas e peregrinas, e comezaban a decatarse do absoluto desamparo que padecía o animal.
Michi on the day of his arrival at APACAFuente original: APACA
A insistencia das xaponesas chegou a oídos do Concello de Palas de Rei, que enviou a Protección Civil a interceptalas para levar o can. A preocupación das mozas pola sorte do animal levoulles a publicar o caso en redes sociais e a poñerse en contacto con APACA, a Asociación Protectora de Animais do Camiño, que foi recollelo.
Vilar de Donas Church (12th Century)Xunta de Galicia
Lamentablemente este concello, como a maioría dos que percorre o Camiño Francés, non tiña ningún servizo de recollida, albergue ou protección de animais abandonados que puidese facerse cargo do animal debidamente.
Michi's Kanji, written by MegumiFuente original: APACA
Michi, o can do Camiño
Michi significa “camiño” en xaponés. Este foi o nome co que Kimiko, Tamano e mais APACA decidiron bautizar ao que sería o can máis famoso da historia da protectora. Outros peludos rescatados tamén por peregrinos foron Way, Camí ou Camiño, nome que fai referencia ao lugar onde se atoparon.
Michi in APACAFuente original: APACA
Michi quedou a cargo de APACA durante os 6 meses que duraron os preparativos e trámites para que finalmente puidese entrar no país nipón. En moi pouco tempo revelouse como un can extraordinario, listo (e non só por arrimarse a Kimiko e Tamano aquel día), protector, líder, vital e cunha enorme capacidade de adaptación.
Michi in APACAFuente original: APACA
Durante o tempo que estivo na Asociación gañouse o corazón de coidadores, voluntarios, peregrinos, xornalistas, veciños, visitantes e, por suposto, dos seus irmáns, os outros peludos cos que conviviu: Way, Camí, Silver, Yi...
Kimiko, Tamano and Hiroko attending to the pressFuente original: APACA
A súa historia tamén chegou á prensa e á televisión galega e española, logrando incluso unha mención na NHK (TV xaponesa)...
Filming of the documentary "Facebook Central Station".Fuente original: APACA
... e incluso participou no documental de Facebook "Estación Central".
Megumi Shiozawa and Raquel Freiría (2019)Fuente original: APACA
Nas xestións para a viaxe de Michi colaboraron persoas como Megumi Shiozawa da Casa Galicia Xapón (RIP; Arigatōgozaimashita Megumi).
The reunionFuente original: APACA
A viaxe ao Xapón
Finalmente, o 24 de decembro, tras moita preparación e coordinación entre o Xapón e Galicia, chegan Kimiko, Tamano e Kiroko (unha amiga de ambas as dúas) a buscar a Michi nun reencontro épico que volve saltar aos medios.
APACA people and furries with Michi in Casa PontesarelaFuente original: APACA
As persoas e peludos de APACA, que conviviron con Michi durante eses meses, pasaron con elas a Noiteboa e o Nadal, para confraternizar e para facilitar o proceso de adopción e o cambio que o peludo ía vivir. Casa Pontesarela, en Santiago, ofreceulles o seu aloxamento dogfriendly sen custo ningún.
Kimiko and Michi at the airportFuente original: APACA
A viaxe de Michi ata o país nipón non foi fácil, xa que as liñas aéreas non permiten que as persoas visiten e coiden os seus animais cando estes viaxan na adega, o que conleva moitísima tensión para eles. Durante meses, desde APACA contactouse con persoal de voo e axencias para minimizar os riscos.
Michi with Soshichi San and Haruyo San.Fuente original: APACA
Afortunadamente, todo foi ben e Michi chegou á súa nova casa en Osaka o 2 de xaneiro. Alí esperábano Haruyo e Soshichi, nai e pai de Kimiko, que apoiaron a adopción desde o principio e abríronlle o seu fogar nunha pequena poboación da prefectura de Osaka.
Michi, Way, Camí and YitiomFuente original: APACA
Polo Camiño de Santiago chegan cada ano peregrinando en compañía dos seus humanos uns 2.000 cans. Outros 50.000 habitan (a maior parte deles atados ou encerrados permanentemente) nos Concellos que atravesa tan só a ruta francesa en Galicia. E varios miles aparecen cada ano perdidos ou abandonados en todos os Camiños, dos cales moi poucos chegarán a ter un final feliz como o de Michi.
Michi and Kimiko in JapanFuente original: APACA
O conto de Nadal real que protagonizaron Michi, APACA e as súas salvadoras tivo un final feliz e, máis dun ano despois, seguimos recibindo periodicamente vídeos e noticias do noso querido compañeiro que nos mostra os lugares máis belos do país nipón a través das súas excursións e peregrinacións caninas polo Kumano Kodo, unha rede de camiños de peregrinación moi coñecida en Xapón.
Raquel Freiría, APACAXunta de Galicia
Que facer se te atopas un can abandonado?
1. Comproba se ten chapa de identificación e teléfono.
2. Pregunta á veciñanza da zona, moitos teñen casas a pesar de que estean soltos.
3. Chama á policía local (092) ou ao Concello (010), ambos teñen competencia nestes casos.
4. Tamén podes chamar a APACA para que te informen e axuden. Envía unha fotografía e a súa localización para que poidan publicar o caso e axudarvos.
5. Se o desexas, tamén podes levalo a unha clínica veterinaria para comprobar se ten chip.
Yi at APACA headquartersFuente original: APACA
Que facer se crees que o animal pode estar ferido?
1. Non o movas. Se é necesario, bríndalle sombra ou protección da choiva ou o frío.
2. Non lle deas de comer. Tan só auga se é seguro.
3. Chama ao 112 e proporciona a túa localización.
4. Ponte en contacto con calquera organización de protección de animais ou refuxio como APACA.
5. Mentres espera a axuda, mantén a calma, non presiones o animal e, se é salvaxe, garda a distancia.
Esta exposición foi realizada por APACA.
APACA, a Asociación Protectora de Animais do Camiño, é unha asociación protectora de animais de ámbito autonómico creada no ano 2015, declarada Entidade de Utilidade Pública e galardoada co Premio Camiño de Santiago no ano 2018. Os seus fins principais son a protección dos animais, o fomento da sociedade dog friendly e a promoción dunha Ruta Xacobea ética e respectuosa con todos os seres, en consonancia cos propios valores do Camiño.
Notas sobre estratexia de xénero utilizado neste texto para ter en conta a linguaxe inclusiva pero non dificultar a escritura e a lectura:
- Sempre que nos refiramos a persoas, farémolo seguindo o xénero propio de "persoas", é dicir, en feminino.
- Cando falemos de cans e cadelas utilizaremos o masculino: cans.
- Cando nos refiramos ao equipo composto por can/cadela e persoa que realizan o Camiño de Santiago xuntos, faremos uso do termo perregrin@s.
¿Te interesa Manualidades?
Recibe novedades con tu Culture Weekly personalizado
¡Todo listo!
Tu primer Culture Weekly llegará esta semana.